#Claves de la semana

​Un estudo internacional sobre dor neuropática localizada conta con participación galega

Un facultativo dun centro de saúde forma parte do equipo composto por médicos de Francia, Irlanda, España, Italia e Reino Unido.


|

Dolorlumbar


O facultativo do centro de saúde de Serantes Gabriel Calvo Mosquera forma parte do equipo internacional que está a realizar un estudo sobre dor neuropática localizada.


Segundo indicou a Xunta nun comunicado, a investigación, denominada 'Manexo da dor neuropática localizada en centros de Atención Primaria', está enfocada a coñecer as características epidemiolóxicas, clínicas, o tratamento, e a eficacia deste nos pacientes que sofren esta patoloxía.


Neste traballo, que comezou o pasado mes de decembro, participan médicos dos centros de saúde de Francia, Irlanda, España, Italia e Reino Unido. En concreto, hai 12 médicos españois traballando no estudio, entre os que figura o profesional da Xerencia Integrada de Ferrol, Gabriel Calvo.


A dor neuropática prodúcese por lesión ou enfermidade do sistema nervioso e afecta o sete por cento da poboación. Pola súa banda, a dor localizada supón o 20 por cento desa dor neuropática.

relacionada ​Los enfermos de Fibromialgia se sienten invisibles
relacionada Cabeza, costas e articulacións, as máis afectadas pola dor crónica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE