En Galicia fabrícase entre o 70% e o 80% dos compoñentes dun automóbil; “e, polo tanto, -di- aínda hai marxe no ámbito da produción”
Vigo e Galicia contan con moitas posibilidades: “Somos cabeceira dunha autopista do Mar; temos unha posición estratéxica respecto ao novo Canal de Panamá; abriremos o camiño do AVE; e tanto o Porto Seco de Vigo, como a Zona Franca e o Porto de Vigo, son tamén respostas importantes para a futura loxística do sector”