O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe aos participantes, que teñen entre 16 e 25 anos
Trátase do noveno intercambio entre a Xunta de Galicia e Wakayama, dúas rexións unidas polos itinerarios de peregrinación “máis importantes”: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo
Os participantes visitarán a cidade de Santiago, participarán en actividades na universidade, e convivirán dous días con familias galegas