#Claves de la semana

Leite

As medidas de Europa agravan a crise do sector lácteo
miércoles, 16 de marzo de 2016

Así o afirman dende o Sindicato Labrego Galego, criticando que non achegan solucións reais e fan ouvidos xordos ás peticións do sector

Bruselas presenta medidas
lunes, 14 de marzo de 2016

Permitirá pactos para reducir voluntariamente o volume de produción, aumentará prezos de intervención e considerará permitir axudas estatais

Galicia espera boas noticias sobre o prezo do leite
lunes, 14 de marzo de 2016

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, confía en que hoxe chegarán "boas noticias" dende o Consello de Ministros da UE

A Mesa do leite arrinca sen contentar aos gandeiros
miércoles, 2 de marzo de 2016


Esixen que se tomen medidas "xa" a través de "un plan de choque", máis aló das cuestións a "medio e longo prazo" 


O prezo do leite segue sen subir no 2016
martes, 1 de marzo de 2016

De pouco serviron as mobilizacións gandeiras, as tractoradas, as reivindicacións no parlamento ou o compromiso das distribuidoras. O prezo que se pagou aos gandeiros polo leite mantívose invariable en xaneiro, nos 28,8 céntimos por litro.

A administración recibe o SOS urxente dos gandeiros
viernes, 26 de febrero de 2016

A Xunta convoca para o vindeiro mércores unha reunión na que se sentará con gandeiros, industria e distribución

Os gandeiros lanzan un SOS urxente
jueves, 25 de febrero de 2016

A oposición galega pide xunto aos gandeiros medidas "urxentes" para salvar as explotacións, en Bruselas os agricultores europeos piden unha suba dos prezos

O prezo do leite non é o principal motivo de peche para as explotacións, segundo a Xunta
jueves, 25 de febrero de 2016

A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, achaca os peches ás "fusións" das granxas de menor tamaño e á falta de relevo xeracional

Algunhas industrias queren baixar aínda máis o prezo do leite
miércoles, 24 de febrero de 2016

O secretario de Unións Agrarias, Roberto García, acaba de denuncia as propostas de algunhas industrias para rebaixar "en máis dun 30% o prezo da leite", chegando a utilizar ameazas de "non recollida"

 
Algo está fallando co prezo do leite
lunes, 22 de febrero de 2016

A Xunta reclama un control "férreo" dos mercados en Bruselas, AGE pide un acordo con medidas "urxentes" dende Galicia

Os gandeiros galegos, pendentes de Bruselas
lunes, 22 de febrero de 2016

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reclamará en Europa que se regulen os mercados lácteos co fin de evitar as vendas por debaixo do umbral de custo.

O leite págase peor en Galicia que no resto de España
martes, 2 de febrero de 2016

Os gandeiros galegos rexistraron con diferencia as peores caídas de prezo nos últimos 2 anos, segundo un informe elaborado pola organización agraria COAG.

Os gandeiros manterán un duro boicot contra Lactalis
lunes, 1 de febrero de 2016

Intentarán que os supermercados retiren os productos de Lactalis das súas tendas, pero tamén se desprazarán para facer unha labor de "concienciación entre os consumidores".

Medio Rural pide seriedade no conflicto polo prezo da leite
miércoles, 27 de enero de 2016

A conselleira Ángeles Vázquez pediulle ás partes do  sector lácteo que cumpran os seus compromisos e "sexan minimamente serios" para que haxa unha subida dos prezos do leite.

Lactalis comprométese cos gandeiros ante as ameazas de boicot
martes, 26 de enero de 2016

Comprométense a compartir a subida de dous céntimos por litro a partir de abril, algo que non satisface de todo aos gandeiros

Os gandeiros chaman a boicotear Lactalis
jueves, 21 de enero de 2016

Dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo pídenlle aos consumidores que non compren os productos do grupo francés, con marcas como Puleva ou Président, despois de que este se negara a aumentar o prezo que paga polo leite. 




#Claves de la semana

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE