O luns Galicia quedará na influencia dunha borrasca pouco profunda situada ao oeste da Comunidade. Así, durante a mañá os ceos estarán cubertos con choivas máis probables no sur e oeste. A partir do mediodía abriranse claros polo norte mentres que os ceos permanecerán moi cubertos no sur.
Así o anuncia a predición de Meteogalicia, que avanza que o vento comezará o día de compoñente sur e quedará frouxo de dirección variable cara á noite.
En canto ás temperaturas, rexistrarase un lixeiro ascenso. Desta forma, as máximas situaranse na Coruña e Ourense, con 21 graos, mentres que as mínimas oscilarán entre os 9 de Lugo e os 13 de Ferrol, Vigo ou Pontevedra.