A partir deste luns, 1 de xullo, Sargadelos renovará as visitas guiadas ás súas plantas de produción, situadas en Cervo (Lugo) e Sada (A Coruña), coa finalidade de fomentar e preservar un dos elementos do patrimonio cultural, turístico e empresarial de Galicia, con máis de 210 anos de historia.
Sargadelos permite durante todo o ano, en horario de traballo das plantas de produción, visitar o proceso produtivo de forma libre e sen guía. Ademais, durante todo o ano pódense organizar visitas guiadas para grupos.
A maiores, durante os meses de xullo e agosto, a compañía programa visitas guiadas á súa fábrica de Cervo, ás 11,00 e as 13,00 horas, e de Sada, ás 12,00 horas. Durante a visita, de entre 30 e 40 minutos de duración, o visitante poderá coñecer cada un dos procesos polos que pasa unha peza de Sargadelos até converterse nunha peza única.
lunes, 1 de julio de 2019, 08:17