A banda francesa Automatic City pecha este mércores, día 11 de decembro, a novena edición do Outono Códax 2019, o festival galego de música negra que se celebra en Santiago de Compostela baixo o patrocinio das adegas Martín Códax e coa colaboración de Pousadas Compostela.

Na que será a súa primeira actuación en España, os franceses encherán a Sala Capitol co 'rhythm and blues' psicodélico e futurista que os caracteriza e que os converteu nunha das formacións emerxentes máis destacadas do xénero en Europa.

O concerto porá punto e final á novena edición do ciclo, que este ano contou con figuras da talla de Kim Lenz, The Reverend Shawn Amos, Andrew Combs ou Gisele Jackson.

As entradas xa están á venda nos puntos de venda habituais por 20 euros anticipada e 24 en despacho de billetes.

POWERED BY BIGPRESS