A Plataforma pola Defensa do Tren convocou para este sábado, día 14, unha manifestación en Ferrol, que partirá ás 12,30 horas na estación do ferrocarril, segundo informa. Esta nova protesta súmase aos actos reivindicativos que esta Plataforma realizou desde a súa constitución, no ano 2013.

O colectivo elixiu a cidade de Ferrol por ter "un tren de proximidade absolutamente abandonado, como é o ferrocarril de ancho métrico (o Feve) a Ribadeo, que comunica Galicia co País Vasco", lembra.

Ademais, asegura que ten o tren á Coruña "cunha infraestrutura que apenas se tocou desde fai cen anos". De Ferrol, afirma tamén que é unha cidade que necesita "ter un ferrocarril en condicións".

Como noutras ocasións, a plataforma convidou ás corporacións municipais dos concellos por onde pasa o tren da Coruña ata Ribadeo por considerar que é "fundamental" para o futuro deses concellos.

POWERED BY BIGPRESS