Hoxe martes 17 de febreiro e "o día grande" do Entroido. Ás 17.00 horas dará comenzo o gran desfile de carrozas e comparsas no que as Pantallas desfilarán acompañados de miles de personas disfrazas con moito inxenio e humor.


O Entroido toca o seu fin, pero aínda quedan folgos reservados para o Enterro da sardiña, o mércores 18, e, xa como remate, o Domingo de Piñata o día 22.


Reconocido xa internacionalmente como “O entroido de Xinzo de Limia como un dos mais largos de España, como así o recoge o diario estado unidense The guardian



http://www.theguardian.com/culture/gallery/2015/jan/26/the-flour-battle-of-xinzo-de-limias-carnival-in-pictures?CMP=share_btn_fb



As Pantallas


Axóuxeres e campaniñas acompañan o bater das vexigas entre si que portan as Pantallas mentres oulean para impor a súa presencia. A Pantalla viste calzón longo e camisa ou camiseta brancos. Nas pernas medias brancas e polainas negras. Axustada a cintura, unha faixa encarnada que axuda a amortecer o peso do cinto do que colgan as campaíñas e axóuxeres. Polo lombo cae unha capa de seda vermella ou negra da que colgan fitas de cores. No pescozo un pano de cabeza atado por atrás.


A careta ou pantalla que cobre a cabeza é unha peza artesá que representa un demo de expresión case amable cun bigote pintado. Na zona da barba colga unha tira de flecos. Da parte posterior, un carapucho que se estreita ata unha forma moi curva na parte frontal a modo de gorro. Vai decorada con figuras astrais como soles, lúas, estrelas... ou de animais.


Con luvas nas mans, as Pantallas levas unha ou dúas vexigas infladas e curadas. Ao batelas entre si producen o seu son característico.



Martes, día 17 de febreiro:


Animación de charangas durante todo o día.


17.00. Gran desfile de carrozas e comparsas.


Mércores, día 18 de febreiro:


20.00. Sermón do Entroido e queima da sardiña.


Domingo, día 22 de febreiro:



17.00. Xogos infantís de Piñata.

POWERED BY BIGPRESS