Ao cualificar ao candidato socialista á alcaldía de José Ourense,Vázquez Barquero, de candidato "autónomo", o secretario dos socialistas galegos,José Ramón Gómez Besteiro, referiuse ao do PP,Jesús Vázquez Abad, como un "candidato teledirixido" imposto dende Santiago ao partido en Ourense. 



Foi no transcurso da presentación oficial da candidatura socialista ao Concello de Ourense, que Besteiro cualificou de  "unha moi boa candidatura e un candidato que quere ser alcalde mentras a otros lles impuxeron selo".


Gómez Besteiro, ao que acompañou a secretaria de Organización do PSdeG no acto de posta de longo da candidatura, agradeceu tamén ao actual alcalde,Agustín Fernández, o labor levado a cabo á fronte do Concello, e precisou que "o proxecto de Vázquez Barquero, a diferenza de outros, está pensado por e para Ourense e os seus cidadáns" y que "terá todo o apoio da Executiva galega".


O secretario dos socialistas galegos referiuse tamén ao comezo dunha etapa de traballo conxunto e a favor da candidatura de Vázquez Barquero dende o seu partido en Ourense: "tras o proceso competitivo e democrático das primarias, eu o único que pido é o traballo e o esforzo da candidatura e de todos os militantes, temos que explicarlles cara a cara aos cidadáns o noso proxecto, baseado na igualdade de oportunidades e na defensa dos servizos públicos", afirmou ó máximo responsable dos socialistas galegos.


POWERED BY BIGPRESS