Selecións Galegas masculina e feminina 


O campionato contará coa participación de equipos e seleccións dos cinco continentes, no masculino divididos en dous grupos, un deles onde figurarán os equipos campións das distintas confederacións mundiais e un segundo con seleccións nacionais. A nosa Selección queda encadrada neste último coas seleccións de Arxentina, Sudáfrica e o Golfo Pérsico, e ao que se engadirían, no caso de confirmarse a súa presenza, as seleccións de Italia, Francia e India. No caso da feminina, haberá un so grupo englobando os equipos campións e seleccións.


Trátase da primeira competición internacional de seleccións do noso deporte nos seus 130 anos de historia e, como gran acontecemento e escaparate mundial do mesmo compartirá espazo con outros eventos deportivos e culturais, como partidos de exhibición dos outros deportes gaélicos (handball e hurling) ou de equipos de categorías inferiores, entre outros.


A presenza da nosa selección neste Mundial é de por si un éxito incrible, pola importancia do mesmo e o recoñecemento que supón do traballo realizado desde a nosa Asociación e cada un dos nosos clubes. Por iso, agradecémoslle á nosa Confederación, a European County Board, e ao seu presidente, Brian Sheehy, a invitación recibida.



POWERED BY BIGPRESS