O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a Ministra de Fomento, Ana Pastor, asinarán este sábado, un convenio para recuperar 23 xacimentos galaico-romanos da provincia cun orzamento de 6,5 millóns de euros.


O Ministerio de Fomento aportará 4,3 millóns e a Deputación 2,2 millóns. 


A Deputación e Fomento desenvolverán as actuacións necesarias para que os xacimentos arqueolóxicos galaico-romanos da provincia sexan recuperados mediante o desenvolvemento dun Programa Integral.


Fomento intervirá na financiación e execución das tarefas enmarcadas nas liñas estratéxicas de accesibilidade e musealización. E, pola súa banda, a Deputación intervirá na financiación e execución das tarefas enmarcadas nas liñas estratéxicas de limpieza, mantemento, excavación, difusión/ promoción e dixitalización.


O prazo de execución dos traballos previstos será de 4 anos e crearáse unha Comisión integrada por 2 representantes de Fomento e 2 da Deputación para fixar e seguir as actuacións.


As actuacións afectarán a xacimentos galaico-romanos de todas as comarcas da provincia, na maioria dos casos aos máis importantes.


O Castro de Sta. Trega está incluído nos 23 xacementos nos que se realizarán actuacións. 

POWERED BY BIGPRESS