A Estrada (Pontevedra).- A Xunta de Galicia, a través do presidente do Goberno autonómico, trasladou hoxe en nome de todos os galegos as súas condolencias aos familiares e amigos dos falecidos hoxe no accidente do avión da compañía Germanwings nos Alpes que cubría a ruta entre Barcelona e Düsseldorf.


Durante un acto na Estrada, Alberto Núñez Feijóo, tivo tamén palabras de recoñecemento para o labor de todos os profesionais que están a traballar na recuperación dos corpos. “A todos eles, que durante as próximas horas e días terán moito traballo, un recoñecemento moi especial ao seu labor”, aseverou.


Logo de facer referencia ao tráxico accidente de Angrois, Feijóo afirmou que “Galicia e os galegos sentímonos moi solidarios co pobo francés pero, moi especialmente, coas familias dos españois que perderon a vida”.


Feijóo concluíu expresando o desexo de que as próximas novas aclaren cales foron as causas do accidente aéreo.

POWERED BY BIGPRESS