Santiago.- A Policia Autonómica informa da imputación do presunto autor dun delito por incendio forestal no concello de Negreira (A Coruña).


Axentes da Policia Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago, en colaboración con axentes forestais do Distrito IV- Barbanza procederon á imputación dun veciño do concello de Negreira como presunto autor dun incendio forestal na parroquia de Lueiro no mesmo concello de Negreira.


O lume afectou a unha superficie de 300 metros cadrados de monte raso, e foi producido por un escape de queima na que non se tomaron as medidas de seguridade pertinentes.


As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Negreira. A Policia Autonómica leva imputadas a 10 persoas no que vai de ano como presuntas autoras de delitos de incendios forestais.

POWERED BY BIGPRESS