A Consellería de Economía e Industria activou unha aplicación móbil de Galicia Calidade, a través da cal se dará a coñecer aos consumidores todos os produtos e servizos amparados baixo esta marca de garantía.


Con esta ferramenta que está dispoñible e para a súa descarga gratuíta, explica a Xunta nun comunicado, os cidadáns poderán comprobar no punto de venda se o un produto conta co distintivo. Ademais, tamén facilitará outros datos de interese, tanto das empresas certificadas, coma de Galicia Calidade.


Esta aplicación configúrase como unha forma de achegar ao consumidor final toda a información relativa aos produtos certificados por este selo. O usuario contará cun factor distintivo no punto de venda, diferenciando a través da app a orixe xeográfica e o concepto de calidade ligados a estes produtos.


Neste sentido, a marca de garantía representa o “compromiso” das empresas galegas por ofrecer mellores produtos e servizos, e o uso das mellores prácticas para a produción, elaboración e comercialización, podendo resultar, di a Xunta, “un factor determinante á hora da elección dun produto”.


Os usuarios da app tamén poderán consultar os distintos datos de interese relativos á compañía, como a súa localización ou datos de contactos.


Galicia Calidade conta actualmente con máis de 250 produtos e servizos certificados

POWERED BY BIGPRESS