A Xunta Electoral de Zona da Coruña decretou a suspensión e peche da exposición ‘Showroom Coruña Smart City’, do Concello coruñés, ata despois das eleccións municipais, segundo informa o PSOE, que presentou denuncia ante o citado organismo. No seu escrito, a Xunta Electoral conclúe que non se acreditou suficientemente por parte do Concello da Coruña que a realización desta campaña informativa, neste momento concreto, resulte imprescindible para salvagardala do interese público ou para o correcto desenvolvemento dos servizos públicos”.


Nun comunicado, os socialistas sosteñen que a Xunta Electoral “confirma o que en anteriores ocasións denunciou o PSOE respecto da campaña electoral encuberta que realiza Negreira desde hai unhas semanas”, sinala sobre o rexedor coruñés.


“APROVEITA O CARGO”


En concreto, indica que está “a aproveitar o cargo de alcalde, as institucións e os salóns do Concello para presentar, anunciar e prometer obras e proxectos que se executarán no próximo mandato”.


“O alcalde-candidato dedicouse durante as últimas semanas a presentar maquetas do que pretende facer en diferentes lugares da cidade, comprometendo investimentos que xa non están na súa man”, engaden os socialistas.

POWERED BY BIGPRESS