Malia que o ente público foi convocado formalmente e tomou declaracións do líder dos socialistas galegos sobre a situación económica e laboral en Galicia, a TVG non só omitiu estas declaracións, senón que ni sequera mencionou a súa presenza nin emitiu imaxes da mesma na manifestación celebrada hoxe, ao contrario que fixo por exemplo no caso dos líderes do BNG ou de Martiño Noriega.



Os socialistas galegos agradecemos o traballo dos empregados do ente público, que grabaron tanto as declaracións como as imaxes da participación do líder socialista na manifestación que posteriormente foron censuradas.



Consideramos polo tanto que se trata dunha decisión que corresponde á dirección do ente público, e lamentamos que sexa unha constante no tratamento informativo referente ao PSdeG-PSOE e, en concreto, ao seu líder, José Ramón Gómez Besteiro, unha situación intolerable por canto se trata dun medio de comunicación público financiado con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma.

POWERED BY BIGPRESS