A Estrada acolle dende hoxe ata o domingo 17 de maio, día principal da XLII Festa do Salmón, máis dunha trintena de actividades pertencentes a ámbitos como o deporte, a cultura, o folclore, a gastronomía, a música ou o comercio.


O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura "dous fins de semana consecutivos coa vila chea de xente"

grazas á cantidade e diversidade de actividades programadas. Recordou que hoxe comeza a primeira xornada da ruta de degustación de tapas de salmón, na que participarán un total de 21 locais. Tamén hoxe se inaugura a Feirado Libro, ás 12.00 horas na Alameda Municipal.


Durante o sábado 9 e o domingo 10 celebraranse o 39ª Concurso Internacional de Pesca do Salmón nos coutos salmoneros do municipio, a Feira do Corredor, a 47ª Feira de Antigüidades e Artesanía, a cuarta Feira de Labores e o terceiro Encontro de Palilleiras.

O venres 15 retomarase a ruta-degustación de tapas de salmón e haberá animación polas rúas. Ao día seguinte haberá un raid hípico na praia fluvial e levarase a cabo o Festival Folclórico do Salmón no Teatro Principal. Nesa mesma xornada tamén están previstas numerosas actividades na rúa para os máis pequenos, con xogos populares, tirolinas e rocódromo. Haberá tamén teatro e animación na rúa.

Xa o domingo  celebrarase o día grande, coa degustación popular de salmón na praza do Concello. A xornada arrancará non obstante coa ruta BTT do Salmón e unha concentración de vehículos clásicos. Tamén se organizará unha feira de artesanía e levaranse a cabo os tradicionais actos conmemorativos polo Día dás LetrasGalegas. Pola tarde haberá un encontro de música coral. 


 


POWERED BY BIGPRESS