Os actos programados, concéntranse na fin de semana, e terán ao Auditorio, o Claustro de San Francisco e o Liceo como principais protagonistas.
O venres destaca a actuación da Capela Madrigalista xunto coa Banda Municipal de Ourense no Auditorio Municipal, que terá lugar o venres ás 20.30 h, e o posterior encontro poético Malditos das Letras, no Claustro de San Francisco a partir das 21.30 h, presentado por Uxío Novoneyra.
O sábado a Praza de San Martiño acollerá a actuación teatral de A caixa de música, de Viravolta teatro, ás 21.30 h.
Xa o domingo, propio día das Letras Galegas este ano dedicado a Xosé Filgueira Valverde, haberá as un acto ás 11.45 h na Praza de San Martiño para continuar cun concerto da Banda Municipal. Ás 13 h, a actividade trasládase ao Liceo, onde se celebrará o concerto Martín Codax de Lírica medieval galego – portuguesa. Pola tarde, ás 18 h, a rúa do Paseo acollerá unha actividade de circo, o Combinado de circo galego, Pistactiva, para rematar ás 21.30 h co concerto de 2 na fronteira, onde a carpa dos libreiros no primeiro tramo da rúa do Paseo (delegación defensa).
| VENRES 15 PRIMEIRA NOITE EN BRANCO POLO DÍA DAS LETRAS | |
| 13 h – Entrega premios III Certame Microrrelato online (Monumentos de Ourense). | Escola municipal Artes Escénicas (Salón de Actos). |
| 20.30 h – Actuación Banda Municipal e Capela Madrigalista. | Auditorio |
| 21:30 h – Malditos das Letras | Presentación a cargo de Uxío Novoneyra. Claustro de San Francisco |
| 22 h – Teatro, Antón Lopo: “Lampíricos”. | Claustro de San Francisco |
| 23 h – Picaversos: Rochi Nóvoa e Celia Parra. | Claustro de San Francisco |
| SÁBADO 16 |
| 21.30 h – Viravolta teatro, A caixa de música (Cultura no Camiño). |
| DOMINGO 17: ACTO INSTITUCIONAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS (Libreiros na rúa do Paseo) | |
| 11.45 h – Inauguración dos actos do Día das Letras. | Praza de San Martiño |
| 12 h Concerto do Días das Letras | Banda Municipal de Ourense. Praza de San Martiño |
| 13 h Concerto Martín Codax | Lírica medieval galego – portuguesa. Liceo de Ourense |
| 18 h – Combinado de circo galego, Pistactiva. | Confluencia Paseo con Cardeal Quiroga (Leiteira) |
| 21:30 h Concerto Dous na fronteira. | Carpa libreiros, rúa do Paseo (altura delegación de defensa). |