O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase este venres coa vicepresidenta segunda e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño.

O encontro producirase en Madrid, na sede do Ministerio, ás 13,00 horas.
Segundo avanzou o dirixente galego, prevé abordar coa ministra a crise que viven varias industrias galegas, así como os proxectos e demandas de Galicia para a repartición dos fondos europeos Next Generation.

POWERED BY BIGPRESS