A economía galega crece un 0,5% no primeiro trimestre
jueves, 28 de mayo de 2015, 09:07
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia creceu un 0,5% no primeiro trimestre de 2015 en relación co último trimestre de 2014, case a metade que o incremento experimentado polo conxunto da economía española (+0,9%).
Mentres, se a comparación se realiza cos tres primeiros meses do pasado ano, o PIB galego subiu un 0,9%, fronte ao 2,7% da media das comunidades autónomas.