Galicia rexistrou no mes de abril a quinta peor posición entre as Comunidades autónomas no Índice de Produción Industrial, cun -1,4%, fronte á media estatal do 2,7%, segundo o Instituto Nacional de Estadística (Ine).


O mellor índice foi o de Asturias, cun 8,3%, e o peor, o de Canarias, cun -3,4%.

No que vai de ano, Galicia segue cinco veces por baixo da media española, cun acumulado do -0,3%, cando o conxunto das Autonomías aumentaron un 1,7 por cento. 
POWERED BY BIGPRESS