Martiño Noriega foi investido como novo alcalde de Santiago con 12 votos, os 10 edís de Compostela Aberta e os dous do BNG –o catro do PSOE abstivéronse e o nove do PP votaron á súa formación–, nun pleno no que prometeu o seu cargo.


No seu discurso, Noriega tivo un especial recordo, entre outros, para Ánxel Casal, alcalde republicano e galeguista de Santiago, e para as Dúas Marías, dúas irmás compostelás emblema da cidade, Coralia e Maruxa, represaliadas polo franquismo.


Ao acto de investidura acudiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; e o reitor da USC, Juan Viaño. Ademais, numerosos invitados seguiron o pleno nunha sala á parte, entre os que se atopaba o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras.

POWERED BY BIGPRESS