Hai un ano que as 34 cidades que conformaban o Eixo Atlántico (na actualidade son 38) crearon o bosque do Eixo coa plantación dunha árbore na aba atlántica de Montealegre, con motivo da capitalidade cultural de Ourense.


Agora un ano despois esas árbores creceron, e o bosque que representa o Eixo Atlántico presenta unha imaxe diferente á de hai 365 días.


Un atípico arboredo que destaca pola gran variedade de especies plantadas, xa que cada cidade achegou a que máis lle representaba. Desta forma cidades como Vigo plantaron unha Oliveira, Carballino un Carballo ou Narón plantou un gallo domagnolio máis antigo de Galicia, ou a cidade anfitriona que se decantou por un Ginkgo Bilaboa, coñecido como a árbore da sabedoría.


Seguindo co obxectivo co que naceu o Bosque do Eixo é xa todo un reclamo para visitar este parque que, con este proxecto, se aproxima á idea de xardín botánico que tiñan en mente tamén o Concello de Ourense.


A sombra que xa comezan a dar estas 34 especies, representan tamén a unión e forza que existe entre as 34 cidades que se amparan baixo a sombra que lles ofrece o Eixo Atlántico.

POWERED BY BIGPRESS