Eixo Atlántico e RIET, Rede Ibérica de Estados Transfronteirizos, promotores da campaña cidadá Zero Roaming xunto ás asociacións de consumidores de España e Portugal, consideran un avance importante acordouse finalmente unha data para o final do roaming, que desaparecerá en xuño de 2017, evitando así a moratoria das negociacións até 2018.


A pesar de que o acordo alcanzado a pasada madrugada non ratificou a postura do Parlamento Europeo para eliminar as tarifas de itinerancia en decembro deste ano, as organizacións valoran que o acordo inclúa un beneficio inmediato para os cidadáns, que verán en 2016 como a recarga máxima por usar os seus móbiles cando saen do país recortarase nun 75%. 


Con todo, para estas dúas institucións, o acordo alcanzado é insuficiente porque non dá unha solución aos residentes que viven nas áreas transfronteirizas e que están suxeitos ao roaming sen desexalo nin necesitalo. Eixo Atlántico e RIET remitirán unha carta ao Consello para insistir en que se busque unha alternativa a este problema que afecta a miles de cidadáns.


                    Tarifas actuais (sen IVA)   Tarifas dende abril 2016 (sen IVA) acordo do 30/06/2015  
Chamadas emitidas0.19 €/min0.05 €/min
Sms0.06 €/sms enviado0.02 €/sms enviado
Datos0.05 €/mega de datos0.05 €/mega de datos
Fonte: Comisión Europea


Con todo, para estas dúas institucións, o acordo alcanzado é insuficiente porque non dá unha solución aos residentes que viven nas áreas transfronteirizas e que están suxeitos ao roaming sen desexalo nin necesitalo. Eixo Atlántico e RIET remitirán unha carta ao Consello para insistir en que se busque unha alternativa a este problema que afecta a miles de cidadáns.


Ademais, Eixo Atlántico e RIET manterán en todo momento unha postura vixiante xa que a aplicación do acordo dependerá, en primeiro lugar, da posta en marcha das medidas técnicas que posibiliten a efectiva eliminación do roaming, e, en segundo lugar, de que se definan algunhas cláusulas como as chamadas de ?uso xusto? dos servizos en itinerancia. ?Estaremos atentos co fin de evitar que estes condicionantes atrasen o cumprimento do acordo, que aínda deberá ser ratificado polo Parlamento Europeo e o Consello?.


As organizacións transfronteirizas agradecen o apoio dos cidadáns europeos á campaña de recollida de firmas, lanzada en nove países e apoiada por 113.000 persoas en tan só un mes. ?A voz dos consumidores ouviuse con forza nestas negociacións, o que axudou a impedir a moratoria até 2018?. Este movemento social, que contou co apoio das asociacións de consumidores de Francia (UFC- Que Choisir), Bélxica (Test-Achats), Holanda (Consumentenbond), Dinamarca (DCC), Eslovenia (ZPS), Grecia (EKPIZO e KEPKA) e da Organización Europea de Consumidores (BEUC), evidencian que só mediante a mobilización se pode facer fronte aos abusos das empresas e grandes compañías.


Finalmente, Eixo Atlántico RIET fan coparticipes deste éxito aos medios de comunicación que apoiaron decisivamente a difusión da campaña e sen os cales este resultado non sería posible.

POWERED BY BIGPRESS