Jueza Pilar de Lara

Axentes da policía xudicial, acompañados da secretaria do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, cuxa titular é Pilar de Lara, irromperon de novo este xoves na Deputación de Lugo para requirir documentación.


Segundo apuntan fontes provinciais, a entrada produciuse sobre as 11,00 horas e ante a ausencia da presidenta, a popular Elena Candia, foron atendidos polo vicepresidente e exalcalde de Sarria, José Antonio García.


As mesmas fontes sinalan que se requiriron contratos laborais desde 2003, ademais de devolver documentación da ‘Operación Pulpo’, en relación ao proxecto ‘quilómetro 0′. A estas oficinas tamén se dirixiu a comitiva xudicial.

POWERED BY BIGPRESS