Baleares segue sendo a comunidade autónoma onde máis caro é encher o depósito, tanto de gasolina coma de gasóleo, segundo se desprende dos datos feitos públicos polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, de abril de 2015, aos que remite o portal Rastreator.com. A continuación, Galicia e Asturias pechan o top 3 das autonomías máis custosas.


Ao contrario, Navarra continúa como a comunidade máis barata para repoñer, seguida de Aragón e La Rioja. Son precisamente as cinco comunidades nas que non se aplica o tramo autonómico do imposto de hidrocarburos as máis económicas da península. Debido a esta competencia que existe en cada mercado rexional, acentúanse as diferenzas de prezo.

Encher un depósito de 55 litros de gasolina en Baleares custaría unha media de 75,30 euros, de acordo cos datos que achega esta páxina web.

En palabras do director de produto de Rastreator.com, Fernando Summers, "son moitos os factores que inflúen" no consumo de combustible dun vehículo, polo que resulta fundamental conducir de forma responsable e eficiente".

Considerando ademais que o carburante é un dos gastos máis importantes do coche e o seu prezo pode variar de forma significativa, "sempre é recomendable que os usuarios estean ben informados, comparando os prezos e buscando a mellor fórmula de aforro de acordo ás súas necesidades", engadiu. 
POWERED BY BIGPRESS