Wiranto (segundo pola esquerda), coa delegación e representantes de Indogal e Xenética Fontao


Indonesia, un país fundamentalmente musulmán, consome 650.000 toneladas de carne ao ano, pero apenas a produce, por iso abastécese con importacións, principalmente australianas. 


A empresa lucense PT Indogal considera que hai unha importante oportunidade de negocio na exportación de esperma de loura galega e de técnicas gandeiras que contribúan a mellorar a cabana de vacún e a produción nacional de carne e aliouse no Partido da Conciencia do Pobo, con presenza no goberno, para pór en marcha o proxecto. Esta formación quere usar a iniciativa "para mostrar que se interesa pola bonanza do campo", explicou Manuel Albores, director xeral de PT Indogal, que ten sede en Iacarta.


Co fin de avanzar neste proxecto, unha delegación indonesia -da que forma parte o ex xeneral das forzas armadas e presidente do Partido da Conciencia do Pobo, Wiranto- visita estes días Lugo, onde dedicaron varias horas a percorrer as intalacións de Xenética Fontao, interesandose por a biotennoloxia aplicada o ADN, de esta raza así como o seguimento da trazabilidade, da carne de vacún.

POWERED BY BIGPRESS