A Mesa denuncia a suposta "discriminación" dunha nena nun campamento de hípica de Arteixo por falar en galego
martes, 28 de julio de 2015, 09:59
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un suposto caso de discriminación a unha nena de 10 anos durante un campamento de hípica de Arteixo (A Coruña) por dirixirse en galego ás monitoras das actividades.
A nai da nena trasladou a situación aos responsables do centro e, ao ver que non se solucionaba, decidiu recoller á moza e perder o diñeiro de matricúla.