A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un suposto caso de discriminación a unha nena de 10 anos durante un campamento de hípica de Arteixo (A Coruña) por dirixirse en galego ás monitoras das actividades.


Nun comunicado, a asociación explicou que a moza abandonou a actividade só unha semana despois de empezar tras sentirse "humillada e desprezada" por parte de dúas monitorias, que lle respondían con expresións como 'te explicas tan mal que no te entiendo', 'es que a ti no te entiendo como hablas, te explicas tan mal así' ou 'aquí todos hablamos castellano y tu tienes que hablar en castellano'.

A nai da nena trasladou a situación aos responsables do centro e, ao ver que non se solucionaba, decidiu recoller á moza e perder o diñeiro de matricúla.


A Mesa incidiu na "gravidade" do caso, que afecta aos "dereitos básicos da nena", e animou á familia a denunciar o caso ante o Instituto Galego de Consumo, ademais de pedir á Secretaría Xeral de Política Lingüística que interveña para velar polos dereitos lingüísticos dos galegos. 
POWERED BY BIGPRESS