Un home foi detido como sospeitoso da autoría dun incendio forestal no municipio coruñés de Teo tras lanzar artefactos pirotécnicos durante as festas desa localidade, informou a Policía Autonómica.

Nun comunicado, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sinala que o lume se produciu o pasado 31 de xullo no lugar de Recesende, despois de que o individuo lanzase presuntamente de forma imprudente bombas de palenque.

Os restos deses artefactos xeraron un incendio que arrasou uns 6.000 metros cadrados de monte raso e foi necesaria a intervención os servizos de extinción de incendios da Xunta para extinguir as chamas.

As dilixencias do asunto foron remitidas ao Xulgado de garda de Santiago de Compostela, sinala a nota, e indica que desde principios de ano foron detidas un total de 44 persoas como sospeitosas de provocar incendios forestais.

POWERED BY BIGPRESS