O alcalde de Lalín, Rafa Cuíña, denunciou a través do seu perfil de Facebook que recibira unha carta desde o cárcere salmantino de Topas con ameazas dun suposto afeccionado aos touros. A misiva, titulada Aviso taurino, parece facer referencia á aprobación por parte do pleno lalinense dunha moción en contra das atraccións nas que se utilicen animais.


''Nosotros, los aficionados a la fiesta taurina, que es la fiesta nacional de España, no nos gusta el fútbol, y no hacemos lo que hace unos días hicistéis, que fue una falta de educación [...], por lo cual, la próxima vez que realicéis algo contra la fiesta taurina reventaremos los estadios de fútbol [...]'', podíase ler nun das pasaxes da carta.

Congreso. Por outra banda, a deputada do BNG Olaia Fernández Davila levou ao Congreso a petición de Galicia, mellor sen touradas que solicita a TVE información sobre as audiencias dos touros en Galicia. A plataforma considera que a emisión deses contidos en horario infantil vulnera a lei. 
POWERED BY BIGPRESS