A pensión media en Galicia sitúase no mes de agosto nos 749,67 euros, o que supón un aumento do 2% con respecto ao mesmo período de 2014. Non obstante, permanece case 140 euros por debaixo da media do conxunto de España, que alcanza os 888,53 euros.


Segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) este martes, o número de prestacións ascende a un total de 750.722, cun incremento do 0,5 por cento se se compara coa cifra rexistrada no mesmo período do pasado anterior.


A cantidade media percibida polos pensionistas galegos ascende a 749,67 euros. Esta media comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares).

No conxunto do Estado, a pensión media situouse ao iniciarse este mes en 888,53 euros, o que significa un aumento interanual do 1,8%.


PRESTACIÓN XUBILACIÓN


En canto ás prestacións por xubilacións, Galicia suma un total de 465.525 cunha media de 849,58 euros. Esta cifra tamén é inferior á ratio estatal, que é de 926,92 euros.


Por provincias, a de Pontevedra atópase á cabeza na contía, con 907,93 euros de media para as 143.357 pensións por xubilación que ten outorgadas; seguida da Coruña, con 902,80 euros de media para as 178.158 euros prestacións; Lugo, onde os 75.074 pensionistas cobran de media 740,93; e Ourense, en que hai 68.936 prestacións cunha media de 709,03 euros.


Ademais, a Comunidade galega conta con 186.648 prestacións por viuvez, cunha media de 534,01 euros; 68.592 euros por incapacidade permanente, que suman 817,14 euros de media; 24.005 por orfandade, de 365 euros de media; e 5.952 en favor de familiares, que supoñen unha prestación media de 471,27 euros.

POWERED BY BIGPRESS