O Pazo dos Deportes Paco Paz está en obras para adaptar as súas instalacións ás exixencias da Liga ACB, por iso, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar xunto co asesor de deportes da institución provincial, Bernardino González e o presidente do COB, Antonio Gavilanes, visitaron esta mañá o centro deportivo.


Durante o mes de agosto as obras que se están realizar nas instalacións do pavillón son: o lixado, vernizado e novo pintado da cancha central para a súa adaptación á normativa que esixe soamente líneas reglamentarias exclusivamente de baloncesto. Ademais estanse a reformar e acondicionar os vestiarios local, visitante e o dos árbitros, así como a adquisición das billeteiras. O lixado e vernizado da cancha central é a primeira vez que se fai desde que se inaugurou o Pazo dos Deportes.


En total o investimento das obras será de máis de 100.000 euros e será sufragado pola Deputación de Ourense, "isto vai a significar un antes e un despois, nós non somos un club primerizo en ACB, xa tivemos dúas etapas anteriores e sabemos da importancia, e por esa razón nos agarramos con máis ganas que nunca, visto o éxito deportivo a esta nova etapa competitiva", asegurou o presidente da Deputación de Ourense, "vai a ser un excelente vehículo promocional para a provincia e para todas as súas excelencias e creo que nesa liña o deporte de alta competición vai a ser un aliado estratéxico para o futuro de Ourense", engadiu Manuel Baltar.


A Deputación de Ourense como propietaria do Pazo dos Deportes Paco Paz "está a facer todo o posible para que estea nas condicións óptimas para a práctica de este deporte que non é soamente deporte, xa que o Club Ourense Baloncesto é máis que un club é provincia, estamos a falar de desenvolvemento cultural, social, económico e de promoción e creo que é unha baza moi importante para o futuro da provincia de Ourense" declarou o presidente da Deputación de Ourense.


No que respecta as liñas de traballo do COB, Antonio Gavilanes asegurou, "seguimos traballando da man de Miguel Juane e coa mesma dinámica, preparando todo e agradecendo ó presidente da Deputación o novo esforzo que fai e que está mostrando nesta nova inversión".


En canto ao futuro do COB o seu presidente aclarou "nós temos que ter a nosa conciencia tranquila, fixemos todo o traballo necesario, os imponderables superáronse na pista no seu momento e os ponderables grazas a institución provincial e, en parte tamén a unha institución bancaria, conseguimos chegar a bo porto e iso é o único que nos debe preocupar".

POWERED BY BIGPRESS