O incendio de Cualedro reflexa unha problemática que asola Galicia cada verán, e a expensas da climatoloxía. Xa pode ser considerado o quilómetro cero do lume no país, tras sufrir en 2013 outro grande incendio que arrasou máis de 2.000 hectáreas e tamén foi o máis grave naquel ano atendendo aos datos de a Consellería de Medio Rural.
Poucos días do incendio de Cualedro a parroquia da Xironda xa sufrira un incendio que levou por diante 314 hectáreas. A finais do mes de xullo, en Lucenza, parroquia, xa arderan máis de 20 hectáreas. Xa que logo, Cualedro é un dos concellos máis afectados polos lumes este verán, ao igual que outros como Oímbra, con tres incendios importantes e unhas 300 hectáreas arrasadas; ou Viana do Bolo, con catro episodios e máis de 650 hectáreas devastadas.
En total, i cos datos de la Consellería de Medio Rural de seguimento Galicia acumula 8.500 hectáreas arrasadas este ano 2015. Máis de 70 incendios importantes que afectaron 50 concellos no país, unhas cifras que tiran polo baixo, xa que a Xunta adoita dar conta só dos focos que superan as 20 hectáreas e o balance da campaña de verán non está nin moito menos rematado. Estas hectáreas provisionais supoñen máis de catro veces que as arrasadas o ano pasado (unhas 2.000), pero bastante menos que os tres anteriores exercicios. En 2012 arderon 16.000 hectáreas e en 2013, 20.000, despois dun 2011 no que o lume arrasou 42.000 hectáreas.