A organización transfronteiriza Eixo Atlántico repartirá 7.500 euros en premios ás mellores obras de Galicia e o Norte de Portugal que se presenten ao certame dos seus XI Bienal de Pintura, que integrarán ademais unha exposición itinerante que percorrerá algunhas das cidades da Eurorregión.
O primeiro galardón outorgarase á mellor obra absoluta do certame -3.000 euros- e os dous segundos á mellor peza de autor galego -1.500 euros- e á mellor de autor portugués -1.500 euros-. Así mesmo, concederase un galardón para novos artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos -1.500 euros-.
Segundo recordou a organización, esta bienal naceu en 1995 para dar a coñecer novos talentos e para axudar a visualizar de xeito periódico o estado da creación pictórica tanto de Galicia coma do Norte de Portugal.
A nova convocatoria está aberta á participación de autores naturais ou residentes na Eurorrexión, sempre e cando concursen cun cadro orixinal e inédito. Os interesados poderán formalizar a inscrición ata o 28 de setembro.
Pasado este prazo, un xurado formado por personalidades relacionadas co mundo da cultura e das artes plásticas de Galicia e Portugal, así como polo gañador da edición anterior, procederá a fallar os premios entre unha selección dun máximo de 30 obras, que constituirán o catálogo da XI Bienal.
O programa, un dos máis queridos e máis exitosos dos que puxo en marcha o Eixo Atlántico, non só fortaleceu os lazos artísticos entre Galicia e Norte de Portugal senón que actuou como xerador de actividade económica, tanto pola atracción de visitantes aos municipios que acollen a mostra como facilitando a inserción laboral dos novos talento
- Consulta aquí as bases para participar.
http://www.bienalpinturaeixoatlantico.com/