Xornalistas e asalariados do diario El Idel Gallego reclaman os seus salarios
Motivou esta convocatoria a “falta de diálogo por parte da empresa, que nin sequera se puxo en contacto co comité de folga”. Na paxina de Facebook habilitada polos traballadores de Diario de Arousa poden lerse mensaxes como estes:
- “Ante a pasividade e negativa a calquera tipo de diálogo por parte da dirección de Editorial La Capital os traballadores de Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Ideal Galego e DXT ímonos de novo á folga o vindeiro martes día 15. O xornal que sairá o mércores 16 non estará elaborado pola gran maioría dun persoal que quere poñer freo á sangría de despedimentos e á falta de pagamentos reiterada. Non o leas, non o facemos nós!”
- “Como sabedes os traballadores de Diario de Arousa estaremos de novo en folga o martes día 15. Tal e como fixemos hai uns días con Ferrol en solidariedade coas despedidas nesa cabeceira, o martes estaremos cos compañeiros do Ideal e Dxt na concentración convocada ás 19.30 no Obelisco (en Coruña). Esta é unha loita de TODOS! Non máis despedimentos e falta de pagamentos en Editorial A Capital!”