Campelo volverá celebrar a súa festa gastronómica máis popular Festa da Ameixa na
Praza da Granxa o 19 e 20 de setembro. O Concello de Poio prevé servir máis de 500 quilos deste suculento manxar, unha das xoias da ría de Pontevedra.


De feito, como novidade, tras un acordo coas tres confrarías do fondo da ría e coa Lonxa de Campelo, por vez primeira comprouse a ameixa directamente aos seus produtores e sen intermediarios de ningún tipo.  Os prezos da degustación gastronómica mantéñense con respecto a anos anteriores e tamén as tapas que se serven . Así, a ración de ameixas á mariñeira custará oito euros e as de ameixas con fabas ou con fideos, seis euros. Ademais, servirase viño galego -ribeiro, albariño e caíño tinto-.



POWERED BY BIGPRESS