Unha parella de veciños de Pontevedra, foron detidos como presuntos autores da subtracción de dúas bicicletas. Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, as denuncias polos roubos presentáronse o día 11 na Comisaría Provincial. O "modus operandi" utilizado para roubalas foi o mesmo en ambos os casos, cortar o cadeado das bicicletas estacionadas na vía pública.


Unha delas, valorada en 500 euros, que o propietario deixara na rúa Michelena desta cidade. Outro afectado interpuxo denuncia na Comisaría o mesmo día, ao parecer tras deixar a bicicleta candada no estacionamento de bicis da rúa Bastida. O propietario da bicicleta valorouna en 350 euros.



A parella de ladróns chegou a poñer á venda unha das bicis nunha web de anuncios de segunda man sendo recoñecida polo seu lexítimo propietario. Esta parella xa fora identificada anteriormente por feitos similares.

POWERED BY BIGPRESS