Besteiro aspira "canto antes" a recuperar a "normalidade" na Deputación de Lugo
sábado, 19 de septiembre de 2015, 13:22
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este sábado que aspira e que pide que se recupere a "normalidade democrática" na Deputación de Lugo e afirmou que se é "canto antes, mellor". Gómez Besteiro respondeu deste xeito en Cuntis (Pontevedra) á marcha das negociacións entre o seu partido e o BNG para unha posible moción de censura que desaloxe do poder a Elena Candia (PP), que goberna a institución en minoría tras o 24 de maio.