O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro 26 de setembro o VI Congreso de Escritoras/es, actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio do Concello de Pontevedrabaixo o título '¿para que (quen) escribimos o futuro?'.

A programación foi presentada o venres nunha comparecencia da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e o presidente da Asociación, Cesáreo Sánchez Iglesias, quen destacou que "Pontevedra xa se converteu na capital da literatura infantil e xuvenil de Galicia".


Segundo explicou 

Cesáreo Sánchez Iglesias se constituirán seis grupos de traballo:



Pola súa banda, a edil recordou que "o Concello sempre está aberto para acoller actividades como a da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega" así como outras actividades vinculadas, como as escolas de escritores que promoveu durante meses pasados a Concellaría en colaboración con escritores galegos do prestixio.


Ademais do encontro dos escritores galegos, unha cita para a que están confirmados 55 autores, tamén haberá unha actuación musical aberta ao público por parte de "Xardín desordenado". Será ás 20,00 horas tamén no Pazo da Cultura.


 PROGRAMACION



POWERED BY BIGPRESS