O Consello Reitor de Augas de Galicia vén de aprobar sen votos en contra o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2015-2021, co que este documento inicia a fase final de tramitación final cara á súa aprobación definitiva por real Decreto. Os seguintes pasos a avanzar este mesmo ano será a súa aprobación en Consello da Xunta, para despois elevalo ao Consello Nacional da Auga.

Este Plan Hidrolóxico é o máximo instrumento de ordenación da auga na demarcación Galicia-Costa. A súa elaboración corresponde á Xunta de Galicia (a través de Augas de Galicia) por tratarse de cuncas cuxos ríos e afluentes transitan íntegramente dentro do territorio Galego. O plan realiza, en primeiro lugar, un detallado estudo da demarcación Galicia-Costa presentado un inventario exhaustivo dos recursos hídricos dispoñibles, cálculos pormenorizados dos usos e demandas da auga e unha identificación das presións humanas sobre a masas e a restricións do uso. 


Posteriromente recompila todos os datos sobre a calidade das augas da demarcación, non só dos ríos senón tamén das augas subterráneas e das propias rías e outras zonas costeiras. Por último, establece qué usos son compatibles co seu bo estado ecolóxico e as medidas e normativa que é necesario aplicar para acadar ou manter ese bo estado

Para facilitar a avaliación, o novo plan divide as entidades de auga da demarcación Galicia Costa en masas de auga representativas da calidade da auga nun tramo de río, estuario ou costa. Así defínense 414 masas de auga na rede fluvial, 22 masas nas augas de transición, 29 masas nas auga costeiras e 18 nas subterráneas.

En materia de normativa unha das novidades que destaca é o establecemento dun réxime de caudal ecolóxico específico para cada masa de auga, xa que ata o momento se definía un réxime xenérico (un 10% do caudal medio). Tamén se regulará, por vez primeira, os usos en zonas con risco de inundación.

O Consello Reitor de Augas de Galicia está composto por representantes de todos os sectores implicados na xestión ou utilización da auga (administracións autonómicas, estatais e locais, asociacións de traídas veciñais, asociacións ecoloxistas, representantes do sector hidroeléctrico, etc...). 
POWERED BY BIGPRESS