O paro escomenzará a 8 da mañá do martes, día 13, e durará ata as 8 da mañá do

miércoles, día 14.  Durante a xornada, haberá dua concentracions, as 12 e as

6 da tarde.




5.000 traballadores da Área Sanitaria de Vigo – médicos, persoal de Enfermería, celadores, que xa levan varios días encerrados no novo hospital, y auxiliares– están convocados a sumarse o paro de 24 horas iste martes, día 13 de Octubro, para exigir unha “Sanidade Pública integral de calidad”, protestar “contra a privatización dos servicios sanitarios” e exigir unha solución as múltiples e “gravísimas deficiencias do Hospital Álvaro Cunqueiro que afectan a plantilla do mismo, en especial a asistencia dos enfermos”.


O paro foi decidido polas asembleas convocadas polo persoal de todos os centros e implicará que dende as oito da mañá só funcionarán os servizos mínimos, agás en Urxencias e Reanimación, que estarán operativos ao 100%. A folga rematará ás 8 horas do día 14.



Demándase unha sanidade "100% pública" e un correcto funcionamento do novo Hospital Álvaro Cunqueiro. "Os datos, as informacións, as análises, etc que teñen saído estas semanas nos medios de comunicación sobre a situación do Hospital Álvaro Cunqueiro, amosan, por se alguén aínda non o tiña claro, a onde nos conducen unhas decisións que poñen en risco a seguridade dos pacientes, que precarizan as condicións de traballo dos profesionais, que levan ao enriquecemento duns poucos a conta de converter o dereito de atención sanitaria nunha mercadoría", destacan dende a Plataforma Sanitaria pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública.


Dende hai case dúas semanas traballadores e traballadoras do Chuvi manteñen un peche nas instalacións do novo hospital. A acción, que foi iniciada polos celadores e celadoras do complexo, foi secundada días máis tarde por outros colectivos e manterase ata a folga deste martes.


Ademais da folga, están convocadas unha concentración ante as instalacións do Álvaro Cunqueiro, ás 12 horas. E unha manifestación, que partirá do centro hospitalario ás 18 horas. 


En Ourense, nas portas do Complexo Hospitalario da cidade, está convocada unha concentración de apoio, que comezará ás 11 horas.

POWERED BY BIGPRESS