A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, lembra que en maio de 2015 o Concello publicaba a convocatoria do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, coñecido como “cheque social”.


O Concello tiña un prazo de tres meses para resolver as 2.800 solicitudes que se fixeron nesta convocatoria. Dito prazo rematou o 9 de setembro, e, “como sucedeu nas anteriores convocatorias e pasado máis dun mes”, aínda non foron concedidas as axudas. 


A Oficina salienta que, como xa denunciara no seu día, “estas axudas constitúen a resposta precaria e miserenta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a cidadanía, por resultar un programa totalmente insuficiente e inxusto, non só pola insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo”.


POWERED BY BIGPRESS