Todos os empregos creados en Galicia no último ano foron temporais, segundo figura no estudo sobre ocupación realizado por Adecco.


O número de asalariados temporais aumentou en Galicia os últimos 12 meses en 30.600 persoas (+15,7%), fronte á perda de 4.300 empregos asalariados indefinidos (-0,7%).


Esta perda de postos fixos contrasta co incremento dun 1,6% a nivel estatal. "En cambio, a alza dos empregos temporais na autonomía galega foi maior que o incremento do 10,1% rexistrado no conxunto español", remarca Adecco.

Galicia é unha das sete autonomías onde o número de asalariados indefinidos diminuíu, mentres a media de España crece un 1,6%.


Ao mesmo tempo, entre as 16 autonomías que ampliaron os seus continxentes de asalariados temporais (todas menos Aragón), Galicia é a terceira que máis o incrementou.

Os 821.300 asalariados que hai en Galicia na actualidade son 595.600 con contratos indefinidos e 225.800 con contratación temporal. É dicir, un 27,5% dos asalariados son temporais, case 3 puntos máis que fai un ano, así como 1,3 puntos máis que a media española.

Así mesmo, Galicia é a terceira autonomía con menor concentración do emprego, xa que o 65% se reparte entre tres ramas, segundo informa Adecco neste estudio.
POWERED BY BIGPRESS