A obra Transición, de Pablo Fernández Barba, resultou gañadora do XVI Premio Risco de Creación Literaria, organizado polo Concello de Ourense desde a súa área de Cultura e a Fundación Vicente Risco en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco. O fallo produciuse este sábado coa reunión do xurado no Liceo de Ourense.


Deste xeito, Pablo Fernández, cuxa obra foi escollida polo xurado entre un total de 12 creacións, recibirá 6.000 euros en metálico e a publicación de 150 exemplares do seu libro.

 

O xurado, formado por Rubén Eyré, Antón G. Blanco, María Garrido, Serafín Alonso, Armando Requeixo e Luis Martínez-Risco, diu a coñecer  este sábado a súa decisión tras unha reunión celebrada no Liceo de Ourense.

 
POWERED BY BIGPRESS