A Guardia Civil de Tráfico iniciará, en toda Galicia, unha campaña os días 1,2 e 3 de decembro, para controlar o mantemento das rodas baixo o lema ‘Vixía as túas rodas, evita accidentes’.A finalidade da mesma é reducir unha das causas dos sinistros na estrada, especialmente nos meses de máis chuvia.


Tráfico elixiu estas datas coincidindo coa Ponte da Constitución, na que aumeta o número de coches que circulan polas estradas galegas. 


"De levarse a cabo en condicións de choiva, é necesario dispor duns pneumáticos en condicións óptimas, xa que á fin e ao cabo son os que garanten a adherencia do vehículo ao firme da calzada. Un estado deficiente dos mesmos pode ser causa determinante dun accidente de circulación", aseguran os responsables do operativo nun comunicado. 


POWERED BY BIGPRESS