A Fiscalía da área de Santiago decidiu denunciar ao Sergas polos supostos retrasos na autorización dos fármacos para tratar a hepatite C. Trátase dunha situación que denunciara o colectivo "Batas Blancas" durante o pasado mes de marzo, e que agora será investigado polo xulgado número 3 de Santiago. 


O colectivo "Batas Blancas" asegura que varios pacientes faleceron mentres esperaban a chegada de fármacos dun tratamento ao que tiñan dereito, no que eles consideran un "retraso deliberado" por parte da administración autonómica. 


O mecanismo posto en marcha polo Sergas integraba unha Comisión Autonómica e Central de Farmacia e Terapéutica, encargada de darlle o visto bo aos tratamentos. A existencia desta comisión pareceulle á asociación un mecanismo desmedido, que segundo eles retrasaba inxustificadamente a aplicación dos tratamentos. 


Polo de agora, o Sergas non se ten pronunciado sobre a denuncia. Aseguran que aínda non ten recibido confirmación da mesma, pero adiantan que colaborarán coa xustiza en canto sexa necesario.

POWERED BY BIGPRESS