Todos os aeroportos galegos medraron en número de pasaxeiros durante o ano 2015, no que máis de catro millóns de persoas pasaron por algunha das tres terminais galegas, un 7'5% máis  que ano anterior. Trátase dun dato positivo que confirma a tendencia iniciada en 2014, cando o número de pasaxeiros tamén aumentou nun 4'5% tras varios anos consecutivos de descenso.


Santiago foi o aeroporto que rexistrou un maior incremento. Lavacolla gañou un 10'2% de pasaxeiros en 2015, achegándose aos tres millóns de usuarios. Trátase do segundo mellor dato da súa historia, cun gran número de usuarios que seguen provindo maioritariamente de voos comerciais. 


O aeroporto da Coruña, pola súa banda, conseguir medrar nun 3'7%, superando por primeira vez dende 2011 o millón de pasaxeiros. A terminal de Vigo gañou un 4'9% de pasaxeiros, acadando os 713.563 pasaxeiros. 

POWERED BY BIGPRESS