O Celta de Vigo conseguiu un empate que sabe a moito, xa que o mantén con vida nos cuartos de final da Copa do Rei, á espera do que aconteza a semana que vén no estadio Vicente Calderón. 


Foi un partido marcado pola intensidade de ambos conxuntos, o líder acudía a Balaídos coa intención de dar un golpe na mesa, pero finalmente foise de vacío. Os seus mellores momentos foron no comezo de ambas partes, pero nunca conseguiron o gol. O Atlético sacudiase ante un Celta que lle tiña ganas, como demostraban os celestes con contundencia no medio do campo. 


O mellor momento dos galegos chegou a piques de chegar ao descanso. Jonny continuou unha xogada fascinante de Orellana, que finalmente rematou en nada. 


Na segunda parte, máis do mesmo, Os madrileños comezaron dominando e pouco a pouco foronse vindo a menos. Pero o partido chegou ao final sen goles e o billete de 'semis" decidirase no Vicente Calderón, donde ao Celta lle valerá un empate sempre que consiga encaixar cando menos un gol. 

POWERED BY BIGPRESS